Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

O IGADI homenaxea ao tradutor e intelectual Fernando Pérez-Barreiro Nolla no seu primeiro cabodano

Rate this item
(0 votes)

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) organiza hoxe ás 20.00 h. un Acto Cívico de homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla (Ferrol, 1931-Lancaster, 2010), un dos máis destacados tradutores do panorama literario galego ademais de ser un referente de valor incalculable para a diáspora e a cultura galega.

Os actos principiarán ás 20.00 h. cunha presentación a cargo de Mari Pereira, xornalista da Radio Galega. No trancurso da homenaxe contarase coas intervencións de Xulio Ríos, Nicolás Vidal, Francisco X. Fernández Naval, Francisco Silva Castaño e Xosé Luís Franco Grando. Completarán os actos as interpretacións musicais a cargo de Inma González e a proxección dun video onde se recolle a traxectoria de Pérez Barreiro Nolla. Pechará o acto a víúva Teresa Barro.

Fernando Pérez-Barreiro Nolla morreu hai agora un ano en Inglaterra. En 1972 publicou (Vigo, Galaxia) a tradución galega de Macbeth, a primeira á nosa lingua dunha obra de teatro de W. Shakespeare. Os seus coñecementos de chinés, adquiridos nos anos 80, permitironlle publicar en 1982 (Vigo, Xerais) unha antoloxía de narrativa curta chinesa moderna, Flores e leña, sendo as primeiras versións directas do chinés ao galego. Tamén traduciu Alicia no país das marabillas e Alicia ao outro lado do espello (Lewis Carroll), canda a súa dona Teresa Barro, e o primeiro deses títulos valeulle o premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís, a nivel estatal (1985). A súa relación con Galicia mantívose a través das traducións do inglés ao galego e do seu labor como membro do consello asesor do IGADI. Tamén escribía con regularidade para publicacións galegas, como A Nosa Terra e Tempos novos ou Tempo exterior. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e integrante da Comisión de acción exterior do Consello da Cultura Galega. En 2007 foi obxecto dunha homenaxe con motivo do Día Internacional da Tradución. En 2009 recibiu a Medalla Castelao, a máxima distinción que outorga o goberno galego.

Buscar en Novas >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!