Print this page

O goberno impulsa a dinamización da lectura a través de axudas a máis de 150 concellos galegos

Rate this item
(0 votes)

O goberno galego impulsa a dinamización da lectura a través de axudas a máis de 150 concellos galegos. O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a resolución das subvencións para a programación de actividades nas bibliotecas municipais a través do programa ‘Ler conta moito’. Para este programa destínanse preto de 200.000 euros.

Para optar a estas axudas, as bibliotecas ou axencias de lectura deben estar adheridas ao programa Ler conta moito mediante o cal poñen a disposición dos profesionais dinamizadores as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento efectivo de cada actividade contratada, organizar puntualmente cada función e colaborar nas accións complementarias ás actividades para o seu maior aproveitamento por parte dos usuarios.

O importe concedido a cada concello deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.

As actividades incluídas nesta iniciativa son moi diversas, desde obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.

Máis información: