Print this page

O Festival internacional PoemaRia trae a Vigo algunhas das voces poéticas actuais máis potentes

Rate this item
(0 votes)

Hoxe comeza unha nova edición de PoemaRia, un encontro anual de Poesía en Vigo que conta coa presenza dalgunhas voces máis interesantes do panorama editorial contemporáneo en diferentes espazos da cidade. PoemaRia ten coma un dos seus principais obxectivos visibilizar a creación das Mulleres na Poesía.

A edición do 2018 desenvolverase do 29 de xuño ao 1 de xullo en diferentes puntos da cidade. A inauguración terá lugar ás 20.00 h. na Casa Galega da Cultura, cun recital a cargo da galega Dores Tembrás e da cordobesa Elena Medel.

Ese será o comezo a unha intensa programación que durante tres días permitirá achegarse á poesía e a escoitar as poetas Anamaría Crowe Serrano, Andreia C. Faia, Cynthia Menéndez, De Pé Crebado, Diego Carracedo, Elisabete Marques, Miriam Ferradans ou a Nuria Vil. Danza, proxección de audiovisuais ou conferencias completarán o programa da edición deste ano.

Máis información: