Print this page

O Festival Internacional Kerouac volve encher de poesía Vigo no seu décimo aniversario

Rate this item
(0 votes)

Oriana Méndez, Francisco Álvarez ‘Koki’, Anna R. Figueiredo ou Lorena Conde serán algunas das poetas que participarán no X Festival Internacional Kerouac ‘Poesía e Performance’ de Vigo entre os días 21 e 25 de outubro.

A edición deste ano, marcada pola COVID, desenvolverase nos espazos físicos e virtuais, deste xeito, o mércores 21 a rúa Londres de Vigo acollerá o Muro dxs poestas, un recital con Graciela Baquero Ruibal, Francisco Álvarez 'Koki', Oriana Méndez, Anna R. Figueiredo, María Villar, El lobo está aquí, Nicole Doural, Iria Bragado, COnstance Hurlé, Lupita Hard e Malvares de Moscoso.  

Ao día seguinte as editoras Mar Russo, Francisco Castro, Luís Luna, José María Cumbreño, Iván Vergara, Eduardo León Mantra e María Fernández reflexionarán sobre a edición de poesía. Será unha visión procedente de editoriais de varios países e en varios idiomas sobre publicar poesía.

O venres, tamén de xeito virtual, haberá máis poesía da man e dos versos de Lorena Conde, Lúa Mosquetera, Vanesa Pérez-Sauquillo, Andrés García Cerdán, Emma Gomis, Antonio Neves, Shepsa Nzinga, Roger Santivañez e Mercy Tullis-Bukhari.

O sábado o Festival Kerouac estará dedicado ao performance, con Pompa e Boato, Lola Nieto, Montenegro Fisher e Elektrodía. Mentres que a sesión so domingo centrarase, con Mateo Fixemberg, na música.

Todos os días do Festival, Poemóbil inundará de poesía as rúas da cidade de Vigo coas voces dos e das poetas.

Dez anos de poesía, preto de 300 artistas, e festivais en Vigo, Madrid, New York e Cidade de México resumen a primeira década do Kerouac, con Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente como cabezas visíbeis deste proxecto.

Download attachments: