Print this page

O ferrolán Henrique Dacosta gaña o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Rate this item
(0 votes)
Henrique Dacosta Henrique Dacosta Foto: AELG

A novela Illas a sotavento, do ferrolán Henrique Dacosta, é a obra gañadora do XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta que convoca o concello do Grove.

O xurado, formado por Manuel Bragado, Armando Requeixo, Ánxela Gracián, Mario Regueira e Diego Alfonsín, acordou, por maioría, declarar gañadora a novela de Dacosta.

Henrique Dacosta naceu en Ferrol no ano 1964. Profesor de Lingua Galega e Literatura. Foi Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene. Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.

Ademais da cantidade económica estipulada nas bases do premio, a novela gañadora publicarase nos vindeiros meses en Xerais.