Print this page

O escritor Xulio Xiz recibirá a medalla de Ouro do concello de Vilalba

Rate this item
(0 votes)

O concello de Vilalba entregará o vindeiro 29 de decembro a Medalla de Ouro do concello ao escritor, xornalista e dinamizador cultural Xulio Xiz.

Xiz, nado en Vilalba no ano 1947, leva toda unha vida adicada a colaborar e organizar miles de actos e homenaxes, presentador e mantedor de diversos eventos, e membro do xurado do Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba desde a súa orixe.

E por iso e polos seus destacados méritos e polos relevantes servizos prestados na capital da Terra Chá, polo que o Concello de Vilalba fará acto de entrega desta distinción a Xulio Xiz.

O acto, aberto a toda a cidadanía, terá lugar ás 20.30 h. no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba.