Print this page

O escritor Alfredo Conde será declarado Fillo predilecto da provincia de Ourense

Rate this item
(0 votes)
Baltar e Conde Baltar e Conde Foto: Deputación de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, proporá ao escritor Alfredo Conde para que sexa declarado "Fillo predilecto da provincia de Ourense", distinción que lle será outorgada por parte da institución provincial "pola súa defensa da cultura ourensá ao longo da súa prolífica carreira literaria e como excelente embaixador da intelectualidade da provincia de Ourense", expresa Baltar, quen hoxe, na reunión que mantivo co escritor no Pazo Provincial, lle comunicou a proposta que presentará para que se inicien os correspondentes trámites administrativos do expediente. Pola súa banda, Alfredo Conde agradeceu ao presidente do goberno provincial esta iniciativa, que o propio Baltar cualifica de "xustiza cultural para un dos grandes das nosas letras".

Alfredo Conde (Allariz, 1945), escritor, historiador e político, foi vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do PEN Galicia. Ten acadado premios da maior relevancia no ámbito literario como o Nadal, o Nacional de Literatura, o "Julio Camba" e o "Fernández Latorre", de periodismo, o Premio Nacional da Crítica, o "Blanco Amor" de novela, o premio Ateneo de Valladolid, e a medalla Castelao, entre outros recoñecementos. A súa obra -na que destaca Xa vai o griffón no vento, Os outros días, Breixoe O Beato- ten sido traducida ao inglés, italiano, chino, francés e ruso.