Print this page

O Culturgal 2020 adáptase á nova situación

Rate this item
(1 Vote)

A Covid-19 vai obrigar a se reinventar ao Culturgal neste 2020. A edición deste ano contará con actividades en cinco escenarios e tres canles en streaming, pero sen a presenza de stands no recinto feiral de Pontevedra. Así o impón a situación sanitaria provocada pola Covid-19, coas medidas promulgadas pola Consellería de Sanidade ás que se suma agora o decreto do estado de alarma. Dende a organización entenden que as empresas con stand non obterían rendibilidade. Nin económica directa pola venda de produtos, nin de marca pola vosa presenza na Culturgal.

A pesares de todo isto, a preparación do Culturgal 2020 continúa, a organización está a traballar na programación e contidos nos diferentes escenarios e cos aforos presenciais que permita a situación así como na súa versión expandida en streaming, co obxectivo de xerar un evento que chegue a todo o público interesado.

O Culturgal 2020 contará con 5 puntos/escenarios de programación: LIBRO, INFANTIL (recinto), FORO (Sala de Exposicións do Pazo), CINEMA (Salón de Actos do Pazo da Cultura) e ESCENA  (música ao vivo e teatro no Auditorio do Pazo da Cultura).

Polo tanto, a cultura galega terá unha das súas grandes cita anuais do 27 ao 29 de novembro, como espazo referencial para presentación de proxectos, produtos e servizos, espectáculos, arte contemporánea, actividade editorial, profesional etc. En caso de emerxencia, cultura.

Máis información: