Print this page

O Consello da Cultura e as tres universidades galegas organizan o congreso 'Mil e un Cunqueiros'

Rate this item
(0 votes)

O Consello da Cultura Galega, coa colaboración das tres universidades galegas, organiza, do 28 de setembro ao 1 de outubro, o Congreso ‘Mil e un Cunqueiros’. A súa finalidade é servir de foro para o debate académico e o intercambio científico, con especial atención á presentación dos resultados das investigacións en curso sobre Álvaro Cunqueiro. O Congreso pretende ser un punto de encontro entre investigadores, profesores e estudantes da comunidade académica galega, peninsular e internacional, e favorecer o diálogo interdisciplinar e intercultural arredor da obra do mestre mindoniense.

 

Organizado por Manuel Forcadela (Universidade de Vigo), Teresa López (Universidade da Coruña) e Dolores Vilavedra (Universidade de Santiago), o Congreso inaugurarase o 28 en Santiago de Compostela, desenvolverase entre A Coruña e Santiago e pechará o 1 de outubro en Vigo. Entre os relatores e investigaores atoparemos, entre outros, a César Antonio Molina, Xosé Luís Franco Grande, Anxo Tarrío, María Xesús Nogueira ou a John Rutherford.

Máis información: