Print this page

O Concello de Pontevedra inicia o ano María Victoria Moreno cun roteiro sobre a súa persoa

Rate this item
(1 Vote)

O Concello de Pontevedra inicia hoxe a súa programación do ano María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Días das Letras Galegas neste 2018. Hai que lembrar que Pontevedra é a cidade na que a autora morou máis tempo e na que estiva vencella vital e profesionalmente, O propósito destes actos, que se irán desvelando e celebrando ao longo do ano, é vincular a imaxe da escritora á cidade, desvelar a importancia que tivo a lingua na súa vida, e amosar o sentimento de María Victoria Moreno como galega.

Ás 19.30 h. estrearase unha nova camiñada da Concellaría de Normalización Lingüística. Será a Camiñada con María Victoria Moreno que se vén a sumar ás que xa realizada o departamento con outros autores como Castelao, Sarmiento ou Pintos.

Neste caso, o punto de partida será a Ponte da avenida de Vigo, para facer un percorrido por aqueles lugares que decote frecuentaba a escritora e profesora do instituto pontevedrés Torrente Ballester, amosando a súa pegada na cidade. O roteiro foi deseñado pola profesora universitaria Ana Acuña, e pola escritora pontevedresa Fina Casalderrey.

Paralelamente, o concello de Pontevedra traballa nun documental sobre a figura de María Victoria Moreno no que se recollen fragmentos de entrevistas súas ou a participación de persoas da súa familia, Alonso Montero, Seijas, Manuel Bragado… que amosan a personalidade de María Victoria e a súa obra.

Este documental, que se fai votando man de empresas incluídas dentro da rede do Puntazo, proxectarase no Teatro Principal, o vindeiro xoves, 26 de abril, ás 20.30 h.