Print this page

O Colectivo Egeria lembra a pegada de Antonio Fraguas na cidade de Lugo

Rate this item
(0 votes)

O IES Lucus Augusti acolleu o acto de presentación do proxecto-homenaxe Os nove anos de Fraguas en Lugo, impulsado polo Colectivo Egeria –no que participan ex-alumnos de Antonio Fraguas, autor ao que a RAG lle dedica este ano o 17 de maio–para lembrar o paso do polígrafo de Cotobade pola cidade da Muralla, onde exerceu como profesor de ensino secundario durante case unha década.

O proxecto-homenaxe Os nove anos de Fraguas en Lugo inclúe tres materiais que foron presentados nos actos, en si mesmo xa unha homenaxe ao autor a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.

O libro Os nove anos de Fraguas en Lugo recolle textos dos promotores da iniciativa e mais doutros amigos e antigos alumnos do profesor de Cotobade referidos aos tempos en que este foi docente na capital lucense e á fonda pegada que deixou neles e na sociedade.

A exposición está composta por 12 paneis en que se resume o contido do libro. Foi aberta durante o acto e percorrerá toda Galicia despois de permanecer durante unhas semanas no IES Lucus Augusti.

Por último, o web www.fraguasenlugo.org recolle todos os contidos da publicación en papel.

Ademais de presentar estes tres materiais, durante o acto impúxoselle o nome Antonio Fraguas ao arquivo e biblioteca histórica do instituto. Tamén se lle fixo entrega ao centro do cadro realizado polo pintor Manuel Romero co gallo desta celebración.

Este proxecto conta coa colaboración de GaliciaDigital e co apoio da Xunta de Galicia.

Máis información: