Print this page

O CCG recupera gravacións de figuras senlleiras das nosas letras

Rate this item
(0 votes)

Coa conferencia A realidade histórica de Galicia, impartida por Álvaro Cunqueiro no Centro Galego de Lisboa en 1971, iniciase a colección “As Nosas Voces”, que o Consello da Cultura Galega (CCG) publicará na súa Mediateca dixital ao longo dos meses de xaneiro e febreiro.

Trátase dun total de 16 volumes onde se recollen destacadas intervencións, conferencias e entrevistas dalgunhas das figuras senlleiras da cultura galega do século XX e que ata o de agora se atopaban en casete e descatalogadas. Deste xeito ao longo dos vindeiros dous meses poderemos escoitar a persoeiros como Eduardo Blanco Amor, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Suárez Picallo, Rafael Dieste, Celso Emilio Ferreiro ou Ánxel Fole.

Cada semana, o CCG e culturagalega.org publicará dous volumes.