Print this page

O Bierzo acolle este sábado o II Premio Morales

Rate this item
(0 votes)

O vindeiro sábado 30 de novembro celebrarase en nas vilas bercianas de Carucedo e Corullón os actos de celebración do II Premio Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e en Seabra. Este premio naceu co propósito de promocionar o galego no Bierzo e a figura de Antonio Fernández Morales, o precursor do Rexurdimento natural desta comarca.

As bases do II Premio Morales establecen tres categorías e consiste na elaboración dun debuxo ou un texto inspirado no poema "O fiandón da aldea" de Antonio Fernández Morales.

 

Programa

12.00 h. Toponimízate - Carucedo (Casa Consistorial).

13.45 h. Xantar restaurante El Castro, en Carucedo.

15.45 h. Visita ao lago de Carucedo.

16.45 h. No local Social de Corullón.

Presentación do libro da Real Academia Galega Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí: un legado berciano inaugural do Rexurdimento, de Héctor M. Silveiro Fernández.

17.30 h. Inicio do acto do II Premio Morales.

20.30 h. Sesión de contos a cargo de Quico Cadaval.

Ruadas da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.