Print this page

O Ágora da Coruña acolle este serán o festival de poesía, baile e música Ferrados de letras

Rate this item
(0 votes)

O Centro Ágora da Coruña acolle hoxe a celebración de Ferrados de Letras, un festival de poesía, baile e música organizada pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán, co patrocinio do Concello da Coruña, e que conta coa colaboración da AELG e da Sociedade Cultural Medulio.

Ao longo da xornada, que dará comezo ás 20.30 h., o publico asistente poderá gozar da música tradicional con varios colectivos da asociación (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Bailador@s da vida, Pandereteir@s da paz) e o grupo Parabéns.

Pola súa banda o colectivo Recitador@s de soños achegará á poesía de María Victoria Moreno, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas neste 2018.

Na edición deste ano celebrarase tamén a vixencia da obra de Eduardo Pondal a través dunha versión reducida de Pondaliana, un espectáculo musical que creou e presentou a Sociedade Cultural Medulio en 2017 para conmemorar o poeta: poderase escoitar doce poemas musicados e un preludio nas voces de Alberte L. Porta, Xoán Padín e Lidia Piñeiro, que musicaron gran parte dos temas; Roberto Vázquez Fernández representará o Pondal novo e o Pondal vello; canto aos instrumentos, estarán Fausto Escrigas (gaita, saxo, percusión), Alberte Núñez (acordeón) e Alberte López Porta (guitarra).