Print this page

Novos roteiros literarios pola cidade de Compostela

Rate this item
(0 votes)

Santiago de Compostela acolle unha nova edición de roteiros literarios guiados pola cidade. Estes paseos literarios procuran homenaxear a obra de autoras e autores galegos e a pegada da capital galega na literatura.

Esta actividade é unha iniciativa da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela e outras entidades como a Asociación Cultural O Galo.

 

Programa

Xoves, 31 de maio, ás 18.00 h. Compostela negra, con Diego Ameixeiras.

Punto de partida: Praza de Cervantes.

Sábado 2 de xuño, ás 19.30 h., Paseo por unha cidade na palabra, homenaxe a Salvador García-Bodaño. Con Xosé María González Xil.

Punto de partida: Praza do Obradoiro.

Xoves 7 de xuño, ás 18.00 h., Roteiro arredor de Fermín Bouza-Brey en Compostela, con Antón Lopo.

Punto de partida: número 43 da Rúa do Vilar.

Xoves 14 de xuño, ás 18.00 h., A cidade das augas, con María do Cebreiro.

 Punto de partida: Ponte Vella do Sar.

 

As inscricións, gratuítas, realizaranse no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto, e o(s) Paseo(s) ao(s) que se quere asistir.