Print this page

Novos paseos pola Pontevedra literaria

Rate this item
(0 votes)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza, co patrocinio do concello de Pontevedra, tres percorridos literarios pola cidade do Lérez da man de autoras e autores que escribiron sobre Pontevedra.

A inscrición, de balde, debe realizarse a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando a interesada ou interesado os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico). A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico, xa que cada roteiro está limitado a 50 persoas. Todos os paseos comezarán ás 11:30 h.

Programa.

Sábado 15 de xuño. Cando o rural comezou a abaterse sobre a cidade (A influencia do cinema na Pontevedra do primeiro terzo do século XX). Con Carlos Aurelio López Piñeiro.

Sábado 22 de xuño. Pedrarcana, cidade lorquiana. Con Carlos Taboada.

Sábado 29 de xuño. Camiñando polo noso eido. Con Lourdes Maceiras.