Print this page

Novos paseos pola Coruña Literaria

Rate this item
(0 votes)

Catro novos roteiros para coñecer a Coruña máis literaria. Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, levará aos asistentes da man das propias autoras e autores que escribiron obras ambientadas na Coruña.

Esta nova edición contará coa presenza de Yolanda Castaño, Xosé Iglesias, Siro López e María Solar.

A actividade, dirixida a maiores de 16 anos, é de balde previa inscrición na conserxería do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9 h) ou enviando un correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Hai un límite de 55 prazas por roteiro.

 

Programación Paseos pola Coruña literaria
  • Sábado 24 de marzo. De 12.00 h. a 13.30 h.

Paseo con Yolanda Castaño.

Inscricións: desde o 12 de marzo

  • Sábado 14 de abril. De 12.00 h. a 13.30 h.

Paseo con Xosé Iglesias.

Inscricións: desde o 2 de abril.

  • Sábado 12 de maio de 12.00 h. a 13.30 h.

Paseo con Siro López.

Inscricións: desde o 30 de abril

  • Sábado 9 de xuño de 17.30 h. a 19.00 h.

Paseo con María Solar.

Inscricións: desde o 28 de maio