Print this page

Novo recoñecemento ao poemario "Tempo fósil" de Pilar Pallarés

Rate this item
(0 votes)
Novo recoñecemento ao poemario "Tempo fósil" de Pilar Pallarés Foto: Ollo de vidro (AELG)

“Por transmitir con fonda sabedoría e emoción, a un tempo lúcida e desgarrada, a experiencia da perda e da destrución do vivido, do que nos configura, desde unha consciencia da paisaxe como un corpo vivo”. Isto é que o xurado valorou de Tempo fósil, o último poemario de Pilar Pallarés, para lle outorgar o Premio de Poesía que organiza o Ministerio de Cultura do estado español correspondente a 2019. Tempo fósil xa fora merecedor do Premio da Crítica 2018.

O libro está publicado por Chan da Pólvora. Pilar Pallarés comezou a escribir Tempo fósil a finais do ano 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro que levou por diante a casa familiar, que o pai construíra coas súas propias mans. O libro medrou deste xeito arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas idelebles.

Pilar Pallarés (Culleredo, 1957) é licenciada en Filoloxía Galega. En 1979, o seu primeiro libro publicado, Entre lusco e fusco (Ediciós do Castro), gañou o premio Poesía Nova do Facho e en 1983 a súa seguinte obra, Sétima soidade (Edicións da Sociedade de Cultura Valle-Inclán.), gañou o Premio Esquío. Posteriormente publicou, entre outros, os libros de poemas Livro das devoracions (Espiral Maior) ou Leopardo son (Espiral Maior).