Print this page

Noia homenaxea a Avilés de Taramancos no seu vixésimo cabodano

Rate this item
(1 Vote)

O concello de Noia homenaxeará o vindeiro 23 de marzo a un dos seus fillos máis ilustres, Antón Avilés de Taramancos, de quen se conmemora o seu vixésimo cabodano. Nos actos de homenaxe desenvolverase un encontro poético onde participarán Yolanda Castaño, Ana Romaní, Mª Xosé Canitrot e Eva Veiga. Terá lugar ás 20.30 h. na Casa da Cultura de Noia .

Antón Avilés de Taramancos, nado en Noia en 1935, foi poeta, ensaísta, narrador e dramaturgo. Poeta totalmente independente, mantivo non obstante contactos co grupo Brais Pinto. Publicou os seus primeiros poemas en revistas como Tapal de Noia, Aturuxo de Ferrol, Quatro Ventos de Braga ou na revista Atlántida da Coruña.

De 1959 é o seu primeiro libro, A frauta i o garamelo, co que Avilés de Taramancos sitúase entre os máis destacados poetas de posguerra. Pasará vinte anos emigrado en América, unha ausencia de Galicia paralela a un silencio creativo. Tras o seu regreso en 1980 publicará en 1982 en ediciós do Castro O tempo no espello, que será o inicio dun fulgurante proceso creativo ata a súa morte, en 1992.

En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.