O escritor e membro da Real Academia Galega Xosé Neira Vilas ven de facer entrega a esta institución, en concepto de doazón, de máis 300 cartas do seu epistolario persoal.
Trátase de 304 cartas orixinais que o escritor cruceño se escribiu nos últimos 50 anos con intelectuais como Eduardo Blanco Amor, Carvalho Calero, Rafael Dieste, Otero Pedrayo, Emilio González López, Antonio Fraguas ou Ramón Piñeiro, entre outros.
A doazón recibiuna con agradecemento o presidente da institución Xosé Luís Méndez Ferrín, quen definiu a Xosé Neira Vilas como un dos "grandes escritores do país" e gabou a súa traxectoria na emigración, onde puxo en marcha, xunto a súa muller Anisia Miranda, a editorial Follas Novas.
Homenaxe do pobo cubano
O Consello de Estado da República de Cuba entregoulle onte no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela a Xosé Neira Vilas a medalla Alejo Carpentier nun emotivo acto no que a directora da Cátedra de cultura cubana Alejo Carpentier da USC, Ana Chouciño, fixo una semblanza biográfica e académica do homenaxeado.