Print this page

Narón acolle o II Festival Internacional de Narración Oral

Rate this item
(0 votes)

Narón acolle os días 14 e 15 de xaneiro o II Festival Internacional de Narración Oral Conta con Narón. Con este Festival celébrase unha exaltación da palabra, a historia, a historia contada e oída. Conta con Narón naceu como unha extensión do Festival Internacional de Narración Oral de Agüimes (Gran Canaria), que este ano celebra a súa vixésimaterceira edición, converténdose no máis antigo do estado.

Diferentes escenarios acollerán a algúns dos mellores contistas galegos e estatais, que presentarán os seus espectaculos polas diferentes parroquias do concello naronés. Candido Pazó, Paula Carballeira, Pep Bruno, Aldo Méndez, nx0woé Campanari e Félix Albo serán os protagonistas deste Festival Internacional de Narración Oral, que farán as delicias de nenos e de maiores.