Print this page

Nace o xornal dixital Praza Pública

Rate this item
(0 votes)

Tras un par de anos negros para o mundo xornalístico galego, onde desapareceron varios xornais tanto en papel como en dixital, é unha ledicia ver como nacen novos escaparates que fomentan a pluralidade e apoian a lingua do país. Se en breve sairán o proxecto de Sermos Galiza e Dioivo, o pasado 1 de febreiro arrincaba Praza Pública, cunha presentación a xeito de manifesto:

A Galicia non lle cómpre o silencio. Para evitar que o silencio encore a Galicia nace Praza Pública, un novo xornal dixital en lingua galega. Aínda está viva a crise da prensa tradicional e a deleiba dos medios de comunicación na nosa lingua. En dous anos desapareceron da Rede e dos quioscos a maioría das cabeceiras informativas en galego e reduciuse drasticamente a pluralidade informativa. Nós non nos resignamos, nin aceptamos a condena de Galicia como terra de imposibles e de submisión. Son precisos novos medios para mellores tempos.

Praza nace con vontade de ofrecer á sociedade galega xornalismo de calidade afondando nos temas que preocupan á sociedade galega. Amais Praza quere ser o espazo no que os xornalistas poidan desenvolver o seu oficio con liberdade, valentía e calidade, de xeito retribuído dignamente.

Máis información: