Print this page

Nace na rede Dioivo

Rate this item
(1 Vote)

Se hai unhas semanas alegrabámonos da saída á rede de Praza, hoxe volvemos estar de noraboa co lanzamento dun novo medio de comunicación en Galicia e na nosa lingua. Trátase de Dioivo, un proxecto cooperativo, aberto, para contar e contrariar, como se definen no seu web.

Constituídos como Asociación Cultural, o Consello de Redacción está composto por nomes ben coñecidos no xornalismo galego, como Carlos Santiago, Carlos Meixide, Montse Dopico, Rebeca Fernández, Alberto Ramos, Rosabel Candal, Marga Tojo e Fran P. Lorenzo. Dioivo divídese en seccións como Nacional, Sociedade, Deportes, Emigración, e outros apartados capaces de atrapar a atención do lector.

Un magnífico comezo ao que desexamos unha mellor andaina.

Máis información: