Print this page

Nace Lonxa de Letras

Rate this item
(0 votes)

Lonxa de Letras comezou onte a súa singradura no mar de letras. Nun acto celebrado onte no quiosco da Alameda de Santiago de Compostela, a Rede Galega de Kioscos, Centro Especial de Emprego de Galega de Economía Social (GES) do Grupo Empresarial COGAMI, presentou este novo proxecto destinado a facilitar o acceso á literatura galega dentro e fóra de Galicia, que estará dispoñible en todos os quioscos da Rede Galega de Kioscos.

Paralelamente a esta presentación, que correu a cargo de nx0woé Luis Villasante, Director Xeral do Grupo Empresarial Galega de Economía Social (GES) e dos escritores Francisco Castro, e Diego Ameixeiras, produciuse a inauguración da páxina web www.lonxadeletras.com, onde se realizará a venda de libros físicos e dixitais así como outros produtos culturais como CD´s.

Grazas a este novo proxecto, a Rede Galega de Kioskos non só se vai complementar a venda de periódicos, revistas e outros produtos, coa venda de libros e outros produtos culturais, senón que tamén posibilitará o emprego a persoas con discapacidade, obxectivo fundamental do grupo Galega de Economía Social, ao que pertence Rede Galega de Kioscos.

Ámbos os dous proxectos irmáns pretenden facilitar o acceso á cultura, sobre todo á galega, aproveitando a localización privilexiada dos establecementos e a amplitude horaria para atención ao público; ademais coa vantaxe engadida da posibilidade de comprar produción literaria en galego, alén das fronteiras administrativas galegas, grazas ao servizo de distribución que se ofrece coa compra a través de www.lonxadeletras.com, que abrangue todo o territorio español e mesmo o portugués.

Máis información: