Print this page

Nace Libros Man a Man, co obxectivo de crear en Compostela unha Rede de Bibliotecas Populares

Rate this item
(0 votes)

Un grupo de estudantes de xornalismo veñen de lanzar a iniciativa Libros Man a Man, co obxectivo de crear en Compostela unha Rede de Bibliotecas Populares.

Baixo a filosofía de "Coller un, deixar o que poidas", queren conseguir que o acceso á lectura sexa un dereito para todas as persoas, sen importar a súa situación económica.

En varias librarías da cidade están a establecerse pequenos espazos que operan como Biblioteca Popular. Calquera persoa que queira pode coller un libro sen ter que rexistrarse nin ter obriga de devolvelo. Pero a filosofía desta iniciativa está o compartir; polo que, aquelas persoas que queiran poden participar das sinerxias da rede e fornecer de máis libros a biblioteca.

A libraría Lila de Lilith, a Casa do Matadoiro, a Horta da Avoa ou a libraría Couceiro son algúns dos puntos que conforman esta Rede.

A web de Libros Man a Man ofrecen toda a información necesario para coñecer o resto de lugares que conforman a Rede de Bibliotecas Populares e o funcionamento das mesmas.Poder acceder clicando aquí

Máis información: