Print this page

Nace Aliteraclara.com, unha escola on-line de escrita creativa

Rate this item
(0 votes)

Nace Aliteraclara.com, unha escola on-line de escrita creativa. Esta plataforma xurde co obxectivo de lles proporcionar a mulleres e homes unha man que os acompañe nos primeiros pasos e lles dea azos para desenvolverse na literatura. Aliteraclara.com ofrece ao alumnado un gran abano de posibilidades e recursos para lanzarse a escribir, pero tamén achega as novidades literarias, as convocatorias de concursos e o mundo editorial.

Dirixida por Clara do Roxo, o proxecto conta tamén coa poeta María Lado, os escritores Fran Fernández Davila, Antonio Manuel Fraga e Xabier López, e a propia Clara do Roxo como profesores, e ofrece obradoiros de poesía, novela e relato.

Para pechar o círculo, nun intento de achegar aos autores e autoras á publicación ou aos certames literarios, a escola dispón dun servizo de valoración e corrección de orixinais, a cargo dos escritores Amadeo Cobas e Manuel Sánchez Gálvez.

Os primeiros obradoiros comezarán o vindeiro 15 de abril.

Máis información: