Print this page

Nace a web Letra en obras

Rate this item
(0 votes)

O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, naceu a web Letra en obras, unha fiestra para a creación literaria e a promoción de novos autores.

Segundo se definen os promotores deste proxecto na propia páxina web, de coidado deseño e interesantes apartados: "Somos un grupo de xente amante da lectura que pensa que nos caixóns hai gardados centos de excelentes relatos, libros e poemas que, moitas veces, non atopan canle de difusión nos carreiros tradicionais da industria cultural. Xa que logo, cumpría desbrozar un pequecho camiño por onde darlle saída a eses textos. Por outro lado, tamén sabemos que hai un feixe de autores novos, moitos avalados xa por premios literarios, outros cun primeiro libro nos andeis, que están a abrir vieiros novidosos para a literatura do país. Queremos saber de todos eles e do que fan, e gozar coa lectura das súas creacións. Desde esa idea comezamos o camiño."

Letra en oras esá estruturada en Relatos, Novas, Autores, Entrevistas, Axenda, Certames e Bitácoras, amais de ter perfís en Facebook e Twitter.

Máis información: