Print this page

Mostra bibliográfica sobre o Estatuto de Galicia do 36

Rate this item
(0 votes)

A Biblioteca Concepción Arenal da Universidade de Santiago de Compostela quere conmemorar cunha exposición bibliográfica o setenta e cinco aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, coñecido como Estatuto de 1936, que foi aprobado en referendo o 28 de xuño dese ano. A mostra, aberta ata o 15 de xullo, céntrase fundamentalmente na campaña que culminou co plebiscito de xuño.

Ademais da exposición bibliografía con fondos da BUSC, amósanse reproducións de voandeiras, propaganda a favor e en contra do estatuto, así como reproducións de cartaces deseñados polos mellores artistas galegos, como Seoane, Castelao ou Camilo Díaz Baliño. Igualmente a mostra contén reproducións dos xornais afíns, tanto dos que traballaron abertamente polo fracaso do referendo como dos da banda a prol do Estatuto.

A pesar de non ser discutido nin sometido a aprobación no Congreso dos Deputados, o Estatuto do 36 serviu polo menos para que na Constitución española de 1978 Galicia fose considerada como nacionalidade histórica.

A USC en Meubooks

O catálogo de e-books da USC xa está dispoñible na plataforma de distribución dixital galega MeuBook, na que conflúen diferentes aspectos das redes sociais e do almacenamento bibliográfico para afrontar e coordinar a demanda editorial nun proceso de produción racional e dirixido aos lectores.

O Servizo de Publicacións da USC integrouse en MeuBook en 2010 coa sinatura dun contrato de distribución comercial de e-books baixo demanda. A plataforma integra todo o circuíto editorial, dende os escritores, editores ou distribuidores ata os lectores, cun servizo especial para cada un deles. Ademais, unha das particularidades de MeuBook é a utilización das redes sociais para poñer en contacto a todos os elos que compoñen a cadea de valor do proceso editorial.