Print this page

Morreu o gran tradutor Valentín Arias

Rate this item
(0 votes)

O tradutor, profesor e ensaísta Valentín Arias finou o pasado venres en Vigo. Valentín naceu en Sarria no ano 1934 e foi o responsible de que se puidera ler en galego desde Tintín ata Camus, pasando por Jules Verne, Le Clézio ou Bernardo Atxaga.

Cofundador e presidente da Asociación de Tradutores Galegos foi mestre-director Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros, creada por don Antonio Fernández López e dirixida por Avelino Pousa Antelo e profesor de EXB en Vigo. Traballou na Fundación Penzol e dende 1975 ata 1978 foi xerante da editorial Galaxia.

Foi autor das obras A lingua galega na escola, A escola rural en Galicia, Lois e Sabela, Catro nenos, ¿Cómo se fai un libro?, Libro de estilo ou Prontuario ortográfico de galego, amais de desenvolver traballos biográficos de Antonio Fernández López e de Avelino Pousa Antelo.

Por mor dos seus traballos de tradución foi premiado co Nacional de Tradución, o Ramón Cabanillas, o Plácido Castro de tradución, Casa Galicia (Bilbao) e San Martiño (A Estrada).