Print this page

Monterroso celebra este sábado a IV Feira do Disco e Libro Galego

Rate this item
(0 votes)

Escritoras, literatura, presentacións, músicos, discos... son algunhas das cousas que quen se achegue mañá sábado 16 de marzo ata Monterroso poderá atopar na IV Feira do disco e do libro galego, organizado pola Asociación Cultural 25 Xastres.

Dende as 10.30 h. ata as 21.30 h. a Feira do disco e do libro de Monterroso ofrecerá un completo programa literario e musical para todos os públicos. Ao longo da xornada do sábado pola praza da Feira de Monterroso pasarán autores e autoras como Diego Giráldez, Toño Núñez, Inma López Silva, Yolanda Castaño ou Eva Mejuto, entre outras.

Canda os diferentes actos que se desenvolverán ao longo da xornada, tamén haberá un espazo onde adquirir a mellor cultura galega do momento en calquera dos 25 expositores que se se darán cita.

 

Máis información: