Monterroso celebrará unha nova edición, a terceira, da Feira do Disco e Libro Galego. Un concepto que une dous elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular.
A recinto feiral da Cúpula acollerá mañá sábado un completo programa de actividades que van dende stands para ollar, imaxinar e desfrutar, e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades, nos espazos integrados na feira.
Arantza Portabales, Luís Dávila, Anair Rodríguez ou Martiño Noriega e Daniel Salgado serán algúns dos autores e autoras que nesta xornada sabatina estarán presentando as súas últimas novidades na Feira. Librarías, editoriais e axentes culturais completarán un espazo que ten como protagonista a literatura e a música nacional.
Esta III Feira do Disco e Libro Galego está organizada pola Asociación Cultiral 25 Xastres e colaboran o concello de Monterroso, o Club Deportivo Lugo, Abadía da Cova, editorial Galaxia, edicións Xerais, Jim Sports e a Deputación de Lugo.