Print this page

Monforte celebra catro días de Feira adicadas ao libro e á lectura

Rate this item
(0 votes)

Do 23 ao 26 de agosto e na rúa do Cardeal celebrarase a XX Feira do Libro de Monforte de Lemos.

A XX Feira do Libro, que abriu onte pola tardes as súas portas co pregón da poeta Yolanda Castaño, poderá visitarse ata o sábado. As casetas estarán abertas de 12.00 h. a 14.00 h. e durante a tarde de 18.00 h. a 22.00 h. Serán catro xornadas de actividades nas que o público asistente poderá gozar de presentacións de libros, actividades infantís e sinaturas das obras por parte dos seus autores.

No día de hoxe, ás 19.00 h., haberá un recital-presentación de 13 Antoloxía da poesía galega próxima, por Chan de Pólvora. No evento van participar Antón Lopo, Imanol Bértolo e Alicia Fernández. Media hora máis tarde, ás 19.30 h., Miguel Garrido asinará exemplares da Guía da Ribeira Sacra.

O venres 25 comezará cun obradoiro de encadernación para os máis pequenos da casa ás doce do mediodía. Xa pola tarde, os monfortinos Felipe Aira e Roberto Vila asinarán exemplares dos seus últimos traballos.

A feira remata o sábado 26. Ese día o Colectivo Lemos Le presenta as súas actividades relacionadas co fomento do libro e da lectura ó longo de 5 anos da andaina  (2012-2017).