Print this page

Mondoñedo será capital galega da poesía o vindeiro 1 de maio

Rate this item
(0 votes)

Mondoñedo é poesía celebra a súa sexta edición o vindeiro 1 de maio. As actividades incluirán recitais na rúa e no Auditorio Pascual Veiga, pero tamén unha homenaxe ao músico e barbeiro Manuel Ledo Bermúdez, o Pallarego.

O obxectivo de Mondoñedo é Poesía é o de lle achegar á cidadanía este xénero literario, a través da posta en valor do patrimonio literario mindoniense e das voces actuais das letras galegas. Esta edición contará coas intervencións de Alexandre Fernández Peon, Laura López e Esperanza Pérez, nun recital que terá lugar ás 17.30 h. na praza Jaime Cabot, e que servirá de homenaxe a Manuel Ledo Bermúdez 'O pallarego'. E outro recital, ás 18.30 h. no Auditorio Pascual Veiga, con Martiño Maseda, Alberte Momán, Olga Novo e Antón Reixa, acompañados da música de Lino Rico e A Banda da Loba