Print this page

Mondoñedo celebra a súa Feira do Libro

Rate this item
(1 Vote)

Antonio Reigosa, escritor e cronista oficial de Mondoñedo, foi o encargado de inaugurar onte a Feira do Libro de Mondoñedo que se desenvolverá ata mañá na rúa da Fonte. A Feira do Libro está organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración do gobernó de Galicia, a Deputación de Lugo e o propio Concello de Mondoñedo.

A Feira do Libro continuará hoxe ás 13.00 h. coa presentación do libro Orillas de Ébano (La Plana) de Aida Soilán. Xa pola tarde haberá un obradoiro infantil, una sesión do clube de lectura de Mondoñedo e una mesa de debate sobre a autoedición na que participarán Pablo Piñeiro e Rocío López.

A xornada de mañá, e última desta Feira do Libro de Mondoñedo, principiará ás 12.30 h. cun obradoiro de ilustración a cargo de Noemí López, e pola tarde Luís Vallecillo presentará o espectáculo musical O mundo de Carliños, baseado no escritor Carlos Casares. De seguido presentaranse os libros Celebración de Mondoñedo (Embora) de Antonio Reigosa e O tabú na traslenda (Urco) de Isidro Novo.

As e os visitantes poderán achegarse ata a rúa da Fonte en horario de 12.00 h. a 14.00 h. e de 17.30 h. a 21.30 h. Todos os libros terán un desconto do 10%

Nesta edición da Feira do Libro de Mondoñedo participan as librarías Arigató, Cortizas, Padre Feijoo, Papel&Bites e as casetas da Deputación de Lugo e da Biblioteca.