Print this page

Moita literatura este venres na XXII Feira do Libro Galego de Tui

Rate this item
(0 votes)

Tui celebrará a XXII Feira do Libro Galego, que terá lugar este venres, 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano se dedica a Antón Fraguas.

Haberá postos de libros no Paseo da Corredoira das librarías Espazo Lector Nobel e Iris, de 11.00 h. a 22.00 h., que ofrecerán un 10% de desconto. Ademais exporanse Maios e paneis informativos sobre a figura do historiador e xeógrafo, Antón Fraguas, realizados polos centros educativos e asociacións culturais de Tui.

A escritora Iria Misa abrirá a feira ás 11.00 h., dando paso a continuación ás actuacións musicais do grupo de pandereteiras As D´Abadía da Asociación cultural “A Insua” de Caldelas e continuarán a Coral Ponte das Febres(11.30 h.), o concerto familiar de Urdime con “Fantasía musical” (12.00 h.) e a Banda de Gaitas “Lembranzas da Terra” de Guillarei (13.00 h.).

Pola tarde, ás 16.00 h. haberá un obradoiro de marcapáxinas con En un Tris Tras. Ás 17.30 h. volve a música cunha actuación do grupo folclórico “O Mosteiro” de Pexegueiro. Unha hora despois, ás 18.30 h. contacontos de Culturactiva con “Bandullo Azul: Flipa cos contos”, ás 19.30 h. teatro de rúa tamén de culturactiva con “Saaabor”. A programación rematará ás 20.30 h. coa actuación da Coral do Centro Sociocomunitario de Tui.

Pola mañá a Radio Municipal de Tui fará un programa especial co gallo do Día das Letras Galegas e da Feira do Libro Galego.

Haberá, en resumo, unha ampla oferta de actividades que engloba esta feira, que reúnen a tradición do noso país, coa música e a contemporaneidade do teatro na rúa.

En caso de choiva celebrarase o domingo 19 de maio.

Máis información: