Print this page

Moisés Barcia recibe o Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria

Rate this item
(1 Vote)

O concello de Cangas recoñeceu o labor que ven desenvolvendo nos últimos anos Moisés Barcia ao fronte de editoriais como Rinoceronte e Morgante co Premio Xoán de Cangas á Creación Literaria.

O crítico literario, tradutor e editor Moisés Barcia é o responsible de verter ao galego obras de autores como Tolkien, De Quincey, Bierce ou Boccaccio. No ano 2005 fundou Rinoceronte editora especializada en tradución. Pouco despois naceu o irmán pequeno, Morgante, onde teñen cabida tanto traducións como obra de autores galegos.

O galardón, entregado o pasado martes no transcurso da Festa da Cultura no Auditorio de Cangas, tamén foron recoñecidos a Coral polifónica Queixumes do Hío co premio Xoán de Cangas ao Labor Cultural; e a Banda de Música Bellas Artes co premio Ignacio Cerviño á recuperación e promoción do patrimonio.