Print this page

Mercedes Queixas Zas, nova académica correspondente da RAG

Rate this item
(1 Vote)
Mercedes Quiexas Mercedes Quiexas Foto: Castro Bal -AELG

A escritora e docente Mercedes Queixas Zas foi nomeada o pasado venres, nun pleno ordinario da Real Academia Galega, como membro correspondente desta institución. Na xuntanza celebrada votouse a favor da incorporación de Queixas Zas, tendo en conta o seu labor a prol da difusión da cultura galega e compromiso coa defensa do idioma.

A nova académica correspondente é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña e iniciou a súa andaina profesional como coordinadora da editorial Laiovento, responsabilidade que exerceu desde 1995 até o ano 2000. Desde o curso 1996-1997, compatibilizou este labor coa docencia de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Entre 2007 e 2010 foi coordinadora territorial de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. E desde 2005 é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Como escritora publicou en solitario obras de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (A Nosa Terra), Breve historia da literatura galega (A Nosa Terra) ou De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal (Xerais) entre outros. Tamén cultivou o xénero biográfico en libros sobre María do Carme Kruckenberg, Manuel María ou Lois Pereiro. Como creadora cultivou a literatura infantil en Xandra, a landra que quería voar (Urco) e como tradutora verteu ao galego Nacionalismos no mundo (Laiovento) e España uniforme (Laiovento). Participou ademais nunha vintena de obras colectivas e impartiu relatorios en distintos foros galegos, estatais e internacionais.