Co gallo da conmemoración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a Concellería de Educación do Concello de Marín pretende conmemorar ese día coa posta en marcha do proxecto Liberación 2011.
A idea nace co obxectivo de difundir a cultura a través da lectura, promovendo a liberación masiva de libros nese día. Dende a Concellería se promove a recollida de libros usados en colexios e asociacións; posteriormente tales volumes recopiaranse na Alcaldía ata o venres 8 de abril ás 14.00 h., para que o día 15 se poida proceder á súa liberación empregando como “zona de cruce” o Palco da Música da Alameda de Marín. Alí, unha vez presentado o acto, liberaranse de forma conxunta os exemplares, quedando a disposición de tódalas persoas que queiran iniciar a aventura participando no xogo.
A liberación de libros é a práctica de deixar libros usados en lugares públicos para que os recollan aquelas persoas que estean interesadas en lelos, e que despois farán o mesmo como nunha cadea sen fin. A idea é liberar libros “aburridos” de estar nos andeis “na xungla” das cidades para que sexan atopados.