Print this page

María Gándara Sánchez gaña o XV Premio Francisco Añón de Poesía

Rate this item
(0 votes)

A poeta de Ordes María Gándara Sánchez fíxose coa XV edición do premio de poesía Francisco Añón, que organiza o Concello de Outes dende o ano 1987 en memoria do insigne poeta outiense.

O fallo do xurado tivo lugar o pasado martes 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. No mesmo acto presentouse ademais o libro que recolle os poemarios galardoados na edición anterior.

O xurado valorou da obra de Gándara Sánchez, titulado Manuscrito segundo da poeta caníbal, a "poderosa construción poética" e a recreación de imaxes que levan ao lector "por un incómodo percorrido polos recunchos menos amables da infancia".

María Gándara Sánchez naceu en 1981 en Saint-Julien-en-Genevois (Francia) e é licenciada en Filoloxía Inglesa.