Print this page

María Canosa gaña o Avelina Valladares de poesía

Rate this item
(1 Vote)

O xurado da XV edición do premio Avelina Valladares, organizado polo concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares, decidiu outorgar o premio á escritora María Canosa Blanco pola obra Ronca o Mar, presentada baixo o lema Ardora .

O fallo do xurado destaca a sonoridade, cohesión interna, unidade estilística, capacidade para evocar mundos e a simboloxía empregada pola autora. O xurado estivo composto por Andrea Porto, Xoan Andrés Fernández, Carlos Loureiro e María Dolores Araújo.

A obra de María Canosa foi elixida gañadora entre os máis de vinte textos presentados. María Canosa é autora de Bramido Maino (1997), A pedra de seixo (1997-2000), Á espreita na penumbra (1999), Leo era un león (2002) ou As tartarugas de verán (2006), entre outros. É colaboradora habitual en varios medios de comunicación.

O obxectivo desta premio é colaborar coa divulgación da obra da poetisa estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico. Este premio foi acadado en edicións anteriores por autores como Xosé Luna, María Lado, Olalla Cociña ou Berta Dávila, entre outros.