Print this page

María Xesús Lama, Premio Estatal de Ensaio 2018 pola súa biografía de Rosalía de Castro

Rate this item
(0 votes)

María Xesús Lama ven de ser galardoada co Premio Estatal de Ensaio 2018 pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) (Galaxia). O xurado do premio escolleu esta obra por “contribuír a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro ancorada nunha visión romántica e chorosa, mostrando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”.

Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) é o primeiro volume da biografía de Rosalía de Castro, onde María Xesús Lama narra as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. Lama pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida da poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunha responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.

María Xesús Lama (Lugo, 1964) estudou filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios de Bretaña pola literatura galega contemporánea. Actualmente é profesora titular de Literatura Galega na Universidad de Barcelona.

Deste xeito, María Xesús Lama convértese na cuarta muller en lograr o Premio na historia do galardón e na segunda autora galega, despois de que Justo Beramendi o lograse no 2008 con De provincia a nación: Historia do galeguismo político (Xerais).