Print this page

Luís G. Tosar faise co Puro Cora de xornalismo

Rate this item
(1 Vote)

O xornal El Progreso de Lugo ven de premiar ao escritor e poeta Luís González Tosar co premio de xornalismo Puro Cora polo artigo ‘Indianos', que publicou nos diarios O Progreso e De Luns a Venres o 26 de abril de 2010. A finalidade deste premio, co que o xornal lugués lembra a memoria de quen fora o seu fundador, Purificación de Cora y Más Villafuerte, é o de premiar ao mellor artigo en galego ou castelán publicado no último ano en medios de comunicación escritos e asinado polo seu autor.

nx0woé de Cora, representante do xurado e director xeral do Progreso, destacou do artigo premiado que "é o froito dunha experiencia vital en Bos Aires tratada cun ton humorístico e  agarimoso" e que reflicte "a condición dous indianos e a súa consideración por parte dúas galegos aproveitando unha anécdota dun emigrante, aínda que o se refire a un portugués". O xurad estivo composto por Blanca García Montenegro, presidenta do Progreso; Luís Rodríguez, director do diario; Antón Galocha, director de Diario de Pontevedra; Afonso Riveiro, director de De Luns a Venres; e nx0woé María Álvarez Vilabrille, directivo do Progreso.