Print this page

Lugo acolle a súa 29ª edición da Feira do Libro

Rate this item
(0 votes)

O martes 17 de maio deu comezo a programación da 29ª edición da Feira do Libro de Lugo, que se desenvolverá na Praza Maior ata o vindeiro domingo 22 de maio.

A inauguración arrancou cunha homenaxe da Federación de Libreiros de Galicia á Libraría La Voz de la Verdad polo centenario da súa fundación. O pregón inaugural correu a cargo da escritora e académica Margarita Ledo Andión.

Ao longo destes días a Feira do Libro contará con múltiples actividades como presentacións, firmas de libros, actuacións musicais ou obradoiros. As instalacións estarán ubicadas na Praza Maior de Lugo en horario de 11.30 h. a 14.00 h. e de 17.00 h. a 21.00 h. As fins de semana e festivos, o horario será de 11.30 h. a 14.30 h. e de 17.00 h. a 21.00 h.

Os participantes nesta 29 edición da Feira do Libro son: Librería La Voz de la Verdad (Lugo), Librería Cartabón (Vigo), Gran Enciclopedia Galega, Deputación Provincial, Biblioteca Pública, Secretaría e Información, Librería Evangélica, El Patito Editorial, Librería Aguirre (Lugo) e Librería Trama (Lugo).