Print this page

Lorena Souto gaña o VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Mondoñedo ven de facer público os gañadores do VI Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, concurso que vén de ser fallado. A obra Coleópteros, da autora Lorena Souto, natural de O Páramo, resultou gañadora deste certame. O segundo premio recaeu na obra Álbum da que é autor Emilio Salgado Freire de Betanzos. Pola súa banda, Xosé Ramón Sánchez Varela, de Carballo, acadou o terceiro premio coa obra Queiroas.

O xurado desta edición estivo formado por Armando Requeixo, Aurita Ramil e Chema Felpeto, actuando como secretario o técnico de Cultura Gil Ares.

O Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro chega a súa sexta edición tras nacer coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores.

A sexta edición deste premio, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, estivo marcada polo gran número de participación de obras, con preto de 100 orixinais recibidos.

Os orixinais que obtiveron premio no concurso pasan a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo.

A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo, que se celebrará o sábado 25 de novembro a partires das 12.00 h.

Coleópteros será a segunda obra publicada por Lorena Souto, quen xa acadara o Premio de poesía Pérez Parallé no 2011, por Fase de trema (Espiral Maior).