Print this page

Lois Pérez gaña o Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal

Rate this item
(0 votes)

O poeta lucense Lois Pérez ven de gañar o certame aRi(t)mar, en que compiten creadores de Galicia e Portugal e que está organizado polas escolas oficiais de idiomas. Foi polos versos de Blues do rei Bergman recollidos no libro Long Play, publicado o ano pasado por Xerais. Escollérono estudantes de Galicia e Portugal a través de votacións na rede.

Lois Pérez competía cos versos de Eli Ríos, Fran Alonso, Lupe Gómez, Marta Dacosta, Olalla Cociña, Pura Tejelo, Sther F. Carrodeguas, Xulio L. Valcárcel e Xurxo Alonso.

Este proxecto didáctico-cultural ten por obxectivo dar a coñecer e difundir cada ano a poesía e a música editadas no ano anterior en Galicia e en Portugal, amais de achegar as linguas e as culturas que configuran os dous territorios ás dúas beiras do Miño.

Pola banda de Portugal impúxose Alexandre Brea co poema Com o ritmo da chuva, de O livro branco. aRi(t)mar é un proxecto didáctico-cultural que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegar a novos públicos a cultura e a lingua dos dous países.

Os gañadores actuarán en outubro na Gala de Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal.