Print this page

Lois Alcayde Dans faise co XX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

Rate this item
(0 votes)
Lois Alcayde Dans Lois Alcayde Dans Foto: Twitter do autor

Lois Alcayde Dans é o gañador do XX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. O traballo presentado polo gañador ten por título Anoar.

O segundo premio recaeu na obra Unha luz de eclipse da que é autor Aleixandre Lago Barcala. Pola súa banda, Isolda Comesaña Alcaraz, acadou o terceiro premio coa obra Son da estirpe de Luperca.

O Certame de poesía Díaz Jácome para novos creadores é un certame de poesía convocado polo Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre a mocidade, que se vén realizando dende o ano 1999. De feito, ao certame só poden presentarse os menores de 30 anos. Este premio está adicado a Xosé Díaz Jácome, natural de Mondoñedo.

O coruñés Lois Alcayde Dans naceu no ano 1997. Escritor e xornalista, en 2016 gañou o I Premio Balbino de relatos polo libro Camiños na sombra (Fervenza). Colabora nas revistas O Salto, Luzes e no xornal Sermos Galiza. Membro do consello editorial da revista Ligeia,  coordina a súa ­sección de Xornalismo. Este mesmo ano publicou en Galaxia o libro de relatos Os jeans de María.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro domingo, 1 de decembro a partires das 11.15 h. segundo o seguinte programa:

11.15 h. Recepción oficial na Casa do Concello.

11.30 h. Presentación antoloxía Versos Fideis (libro no que se recollen os versos premiados no Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores).

12.30 h. Entrega de Premios do XX Certame de Poesa Díaz Jácome no Salón de Plenos do Concello.