Print this page

Letras galegas na Universidade do Minho

Rate this item
(0 votes)

O Centro de Estudos Galegos, coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, organiza as I Jornadas Galiza mais perto, que terá lugar os dias 14 e 15 de xuño na Universidade do Minho.

O obxectivo destas I Jornadas Galiza mais perto será procurar áreas de converxência relativas ás materias abordadas (literatura, lingua, música...) e aproximar dúas realidades que partilllan unha historia, una lingua e unha cultura: Galicia e o Norte de Portugal.

As Jornadas van ser constituídas por conferencias, workshops, mesas redondas e reúnen especialistas provenientes de universidades galegas, portuguesas e españolas. Conta tamén coa presenza da cantora portuguesa Mafalda Arnauth, que participou do disco A Quinta das Lágrimas, do grupo galego Milladoiro.

Deste xeito, investigadores e grandes autores das nosas letras como Mercedes Queixas, Mario Regueira ou María Vilariño estarán por eses dous días en Braga.

Para os interesados en asistir a inscrición é de balde e poden facelo nesta ligazón.

Máis información: