Print this page

Lara Dopazo gaña cunha obra que reflexiona sobre a construción da identidade o Fiz Vergara Vilariño

Rate this item
(0 votes)
Xurado do premio Xurado do premio Fonte: Concello de Sarria

Reunido o xurado da XVII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, formado por Estevo Creus Andrade, Olalla Cociña, Charo Lópes –gañadora da edición do 2015-, Mónica López -concelleira de Cultura- e María Casar, presidenta de Ergueitos e secretaria do premio, decidiron conceder o premio desta edición, por maioría, ao poemario Claus e o alacrán, do que resultou autora Lara Dopazo Ruibal.

Na acta do premio, o xurado destacou a temática arriscada desta obra e unha voz diferente cun rexistro que apela ao sensorial. Desde unha sinxeleza estética que condensa múltiples camadas de significados. Unha obra que reflexiona sobre a construción da identidade.

Destaca en Claus e o alacrán o protagonismo do corpo e o conxunto da obra logra un clima cohesionado que deixa un pouso fondo na lectura.

Lara Dopazo nace en Marín no ano 1985. Gañou o primeiro premio do certame GZ Crea 2008 pola poesía Dende Illa Peixe. No ano 2015 gañou o certame Francisco Añón de poesía co poemaio Ovella e mais a primeira edición do Premio Literario Nortear co relato Clementina.

O Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño nace no ano 2000 a iniciativa da Asociación Cultural Ergueitos, co patrocinio do concello de Sarria, como homenaxe ao poeta de Santalla Fiz Vergara Vilariño.