Print this page

Inaugúrase a mostra 'Don Ricardo de Fingoi', que presenta a relación de Carvalho Calero coa cidade de Lugo

Rate this item
(0 votes)

O Colexio Fingoi de Lugo acolleu onte a inauguración da mostra Don Ricardo de Fingoi (Carballo Calero en Lugo), que conmemora os 15 anos en que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio o Día das Letras Galega residiu na cidade da Muralla para exercer como profesor e conselleiro delegado daquel centro educativo. A exposición, que estará no Fingoi ata o vindeiro 21 de xaneiro e poderá verse a partir do 22 de xaneiro ao 18 de xuño na Delegación Territorial da Xunta nesta provincia, foi creada polo Colectivo Egeria co patrocinio do goberno de Galicia xunto a colaboración da RAG e do Colexio Fingoi, dentro do marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2020.

A exposición Don Ricardo de Fingoi, elaborada polo Colectivo Egeria para dar conta da presenza en Lugo de Ricardo Carvalho Calero entre 1950 en 1965. Consta de trece paneis que percorren a relación do autor das Letras Galegas 2020 coa cidade da Muralla, acompañados de sinaladores de lectura e dun folleto que recolle os mesmos contidos dos paneis. Estes poden verse tamén no web www.carballocaleroenlugo.org e nos vindeiros meses estarán dispoñibles en formato libro.

Máis información: