Print this page

Importante presenza galega na listaxe da mellor banda deseñada do 2011 para Entrecómics

Rate this item
(0 votes)

A web especializada en Banda Deseñada Entrecomics fixo público o resultado para escoller os mellores cómics do 2011 entre as súas lectoras e lectores. Entre eses gañadores hai unha importante representación galega, que ofreceron ao longo do ano pasado unha interesantísima produción en canto a banda deseñada se refire.

Deste xeito, para os lectores de Entrecómics o mellor cómic publicado o ano pasado foi El héroe, do ourensán David Rubín. En canto á categoría Mellor cómic nacional publicado en catalán, éuscaro ou galego o primeiro posto foi para A man do diaño (Demo), de Brais Rodríguez, quen xa acadara por esta obra o premio Castelao de BD. En terceiro lugar atopamos a outro autor galego, trátase de Jacobo Fernández Serrano pola súa obra sobre o homenaxeado co Día das Letras galegas 2011 Lois Pereiro. Breve encontro, publicado por Xerais e a Xunta de Galicia.

Estes recoñecementos veñen a por de manifesto o bo momento que dende hai uns anos ten a banda deseñada galega.

Máis información: